O meu gato é un poeta
(Xerais, 2011). 4ª edición. De 8 anos en diantre.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2011
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…
Cidades
(Xerais, 1996). 3ª edición
Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano, Accésit Premio Lazarillo
Traducións: edición en español (Espasa Calpe, 1998)

Poetízate
Antoloxía da poesía galega
(Xerais, 2006). 12ª edición.
A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.
Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de máis de 80 autoras e autores.
Outras antoloxías de poesía infantil realizadas por Fran Alonso:
Un rato díxolle á lúa, antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro.TABOEIRO DE FRAN ALONSO SOBRE
POESÍA INFANTIL EN PINTEREST
Sigue el tablero Poesía infantil, Children's Poetry, Poesia para crianças de Fran en Pinterest.