Descarga «Contesta ou disparo» en pdf ou epub

Contesta ou disparo, un libro de entrevistas breves feitas por Fran Alonso en 1991 con persoas significadas da cultura galega, pódese descargar de balde en formado pdf ou en formato epub:

Contesta ou disparo en Scribd (ler en liña ou descargar)
Contesta ou disparo en pdf
Contesta ou disparo en epub

É un libro en edición dixital que recolle 34 entrevistas breves, rápidas e de aire frívolo, feitas hai vinte anos desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da política galega como Isaac Díaz Pardo, Mago Antón, Julián Hernández, Justo Beramendi, Luma Gómez, Chano Piñeiro, Miguelanxo Prado, Carlos Casares, Alfonso Eiré, Manuel Moldes, Roberto Vidal Bolaño, Antón Baamonde, Xaquín Marín, Ramón Villares, Margarita Ledo, Manuel Guede, Miguel Cancio, Pemón Bouzas, Miguel de Lira, Laxeiro...

Contesta ou disparo está editado baixo licencia Creative Commons e é un libro de xornalismo, humilde pero simpático; lixeiro pero que, ao tempo, recupera a memoria de noso; fugaz pero tamén significativo.