Todo sobre «A punta de pistola»

A punta de pistola, a última novela de Fran Alonso, resultou gañadora do XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

 A novela comeza cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola.

Colección Fóra de Xogo (Xerais)